- 04 MAIO 2011
Madrid, mércores, 4 de maio de 2011. Mañá xoves, 5 de maio , ás 12:30 horas , as enquisas preelectorais estarán a disposición de todos os medios na páxina web do Centro de Investigacións Sociolóxicas (www.cis.es). O CIS realizou 13 enquisas preelectorais nas comunidades autónomas que celebran eleccións o 22 de maio, así como nas cidades autónomas de Ceuta e Melilla. Tamén se realizaron estudos nos concellos de Barcelona, Madrid, Santiago de Compostela, Sevilla, Valencia, Vitoria e Zaragoza. Para as preeleccións municipais seleccionáronse as capitais das autonomías que non celebren eleccións nesta data e/ou cidades de máis de 500.000 habitantes. Para calquera dúbida, o teléfono de Comunicación é o 91 580 7625.