Mostrando 1720 de 1869 Elementos
A colección Opiniones y Actitudes comeza a editarse en formato electrónico. Os seus novos títulos poderán descargarse de forma totalmente gratuíta.
A colección Opiniones y Actitudes comeza a editarse en formato electrónico. Os seus novos títulos poderán descargarse de forma totalmente gratuíta.
  • 28 XUÑO 2010

O CIS ofrece o acceso e a descarga gratuíta dos novos títulos da colección Opiniones y Actitudes. Esta descarga pode realizarse tanto en ordenadores persoais coma en dispositivos de lectura electrónicos, sen custo adicional ningún. Con este fin, desenvolvéronse tres formatos electrónicos: pdf accesible (pensado para que calquera usuario, independentemente das súas capacidades físicas e usando os dispositivos axeitados, poida ler o libro dende o seu ordenador); e dous formatos adaptados a distintos dispositivos de lectura electrónicos: pdf para e-readers e e-pub para todo tipo de dispositivos electrónicos e smartphones. Formatos de descarga existentes: pdf accesible pdf para e-readers e-pub para calquera dispositivo electrónico e smartphones Para os que queiran adquirir o libro en papel, os próximos títulos tamén están dispoñibles na modalidade de "impresión baixo demanda", de modo que o lector que prefira ter o exemplar físico poderá compralo solicitando en liña a impresión deste a través da nosa páxina web. Para comprar a edición en papel, pulse na imaxe do título que lle interese; iso levarao a unha plataforma de impresión baixo demanda dende a que poderá adquirir o libro.

Noticia
O CIS estrea a colección
O CIS estrea a colección "Clásicos Contemporáneos" cunha obra de John H. Goldthorpe cun prólogo de José María Maravall.
  • 21 MAIO 2010

FICHA INFORMATIVA - Datos bibliográficos Título: De la sociología. Números, narrativas e integración de la investigación y la teoría. Autor/es: John H. Goldthorpe Presentación de José María Maravall Lingua de publicación: Castelán Edición: 1ª edición, 1ª impresión Data Edición: 04/2010 Publicación: Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS) e Boletín Oficial del Estado (BOE) Descrición: 607 páx. 23x15 cm Encadernación: rústica Colección: Clásicos Contemporáneos, 1 ISBN: 978-84-7476-484-0 Resumo de contido: Un dos sociólogos máis importantes da actualidade analiza as diferenzas entre as clases sociais e as desigualdades nas oportunidades vitais, nas taxas de mobilidade social e nos logros educativos. Tamén se somerxe en apaixonantes debates teóricos e metodolóxicos. A súa obra constitúe unha defensa da teoría da acción racional aplicada á explicación de fenómenos sociais. Comprar cun 5% de desconto Este primeiro título da nova colección do CIS ofrece unha auténtica guía do que significa facer boa socioloxía. John H. Goldthorpe é membro emérito de Nuffield College na Universidade de Oxford. Tamén é membro da Academia Británica, da Academia Europea e membro estranxeiro da Real Academia Sueca de Ciencias. Goldthorpe é un dos principais estudosos da estrutura de clases sociais e da mobilidade social nas sociedades avanzadas, campo ao que contribuíu con numerosas investigacións xa clásicas. O seu esquema de clases é, posiblemente, o instrumento de análise máis influente na socioloxía empírica contemporánea, xa que permitiu comparar estruturas sociais nun mesmo país ao longo do tempo e tamén entre distintos países e medir os seus efectos sobre o comportamento. Nos últimos anos, ademais de continuar coa investigación empírica, participou moi activamente nos debates metodolóxicos da socioloxía, presentando unha defensa clara do seu punto de vista sobre a dirección do progreso científico no coñecemento das sociedades. José María Maravall é catedrático de socioloxía da Universidade Complutense de Madrid, Honorary Fellow do St. Antony's College da Universidade de Oxford, membro da Academia Americana das Artes e as Ciencias, e tamén da Academia Británica. En 2007, foi galardoado co Premio Nacional de Socioloxía e Ciencia Política que outorga CIS, de cuxo Consello Asesor é actualmente membro. Tamén forma parte do Consello Editorial da Revista Española de Investigaciones Sociológicas (REIS), editada polo CIS. As súas numerosas publicacións versan sobre unha ampla gama de asuntos, entre os que destaca o estudo comparado do funcionamento das democracias e as súas institucións.

Noticia
I Premio ao Mellor Artigo Publicado na REIS. Outorgarase por primeira vez en 2010 ao mellor artigo publicado en 2009. Adxudicación. Entrega do premio.
I Premio ao Mellor Artigo Publicado na REIS. Outorgarase por primeira vez en 2010 ao mellor artigo publicado en 2009. Adxudicación. Entrega do premio.
  • 16 ABR. 2010

O Centro de Investigacións Sociolóxicas anuncia a creación, con carácter anual, do Premio ao Mellor Artigo Publicado na REIS. Con este galardón, que se entregará por primeira vez en 2010 para premiar o mellor artigo publicado en 2009, o CIS pretende recoñecer especialmente os artigos de maior orixinalidade, relevancia e calidade metodolóxica publicados anualmente na revista, brindando, ao mesmo tempo, un estímulo aos seus autores para apoiar a difusión da súa actividade investigadora na comunidade científica nacional e internacional e incrementar a visibilidade do seu labor no campo das ciencias sociais. Aproveitamos tamén para informar de que a REIS foi seleccionada para formar parte dos dous índices de citas internacionais máis prestixiosos: Social Sciences Citation Index, de Thomson Reuters, e Scopus, de Elsevier, o que, ademais de constituír un extraordinario recoñecemento da súa contrastada calidade e relevancia científica, incorpora a revista ao reducido grupo de publicacións españolas admitidas nestes índices de referencia internacional. Por outra banda, nun estudo recente sobre publicacións periódicas españolas especializadas en ciencias sociais analízase o seu grao de interdisciplinariedade. Os resultados obtidos pola REIS son excelentes, xa que esta ocupa o terceiro posto no conxunto de todos os títulos relacionados coas ciencias sociais e o primeiro entre as revistas de socioloxía e ciencia política: http://redc.revistas.csic.es/index.php/redc/article/view/458/470 Ademais, recordamos que a REIS ampliou o acceso gratuíto aos seus artigos, de xeito que só se reserva en exclusiva aos subscritores o acceso aos catro últimos números. Finalmente, queremos comunicar que, por decisión do seu Consello Editorial, a REIS vai converterse nunha publicación bilingüe. Nestes momentos xa recibe e avalía manuscritos en inglés, e aqueles que obteñan a aprobación do Consello Editorial tamén serán publicados nesta lingua.