O 82,3 % dos españois valoran a contribución da Constitución ao desenvolvemento dos dereitos sociais en España
Madrid, 17 febreiro 2026

A Constitución española de 1978 converteuse este febreiro na máis duradeira das nove constitucións que se sucederon na Historia de España, superando o texto de 1876, algo que coñecía o 49,2% dos enquisados polo Barómetro de febreiro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS).

O estudo, realizado entre o 2 e o 6 de febreiro cunha mostra de 4.027 entrevistas, conclúe que o 82,3% dos españois cren que a nosa Constitución «contribuíu ao desenvolvemento dos dereitos sociais en España, á prosperidade económica e á mellora do emprego (75,3%), e a que España teña un papel máis destacado en Europa e no mundo (71,6%).

Os aspectos máis significativos da Constitución vixente para os españois son positivos. En primeiro lugar, o 31,8 % afirma que «garante a liberdade», o 21,2 % cre que «permite a resolución pacífica de conflitos» e o 15,6 % afirma que «foi aprobada case por acordo de todos».

O 37,3 % dos enquisados cren que a Constitución pode axudar a resolver os problemas que temos actualmente, mentres que o 58,1 % non cre que si o poida facer.