- 05 MAIO 2014
Madrid, 5 de maio de 2014. O día 6 de maio , ás 12.30 horas , o barómetro do mes de abril estará a disposición de todos os medios na páxina web do Centro de Investigacións Sociolóxicas (www.cis.es). Este estudo contén as preguntas fixas habituais dos barómetros mensuais sobre a situación política e económica e a percepción cidadá dos seus problemas. Ademais, este mes inclúe unha parte variable que reflicte a intención de voto, a valoración do Goberno e dos responsables políticos. Para calquera dúbida, o teléfono de Comunicación é o 91 580 76 25.