Mostrando 3280 de 11197 Elementos
A colección Cuadernos metodológicos, publicada polo CIS, recibe o Premio Nacional de Edición Universitaria.
A colección Cuadernos metodológicos, publicada polo CIS, recibe o Premio Nacional de Edición Universitaria.
  • 09 SET. 2010

XIII Premios Nacionais de Edición Universitaria Un xurado independente selecciona os mellores libros universitarios editados en 2009 O xurado estivo integrado polos seguintes persoeiros: Rogelio Blanco, director xeral de Libro, Archivos y Bibliotecas Magdalena Vinent, directora xeral de CEDRO Francisco Moreno, director académico do Instituto Cervantes Antonio Maria Ávila, director executivo da Federación del Gremio de Editores de España Blanca Berasategui, directora de El Cultural (El Mundo) Laura Revuelta, redactora xefe do ABCD as Artes e as Letras (ABC) Winston Manrique, responsable de libros de Babelia (El País) As obras seleccionadas, entre o centenar de títulos que concorreron a esta convocatoria, foron as seguintes: Pioneros del Graffiti en España (Universitat Politècnica de València). Premio á obra mellor editada. O xurado resaltou "o deseño moderno e atrevido, moi axeitado ao contido, que presenta esta obra de gran solidez documental e novidade temática".   Antonio de Guevara y Europa (Ediciones Universidad de Salamanca). Premio á mellor monografía nas áreas de Ciencias Humanas e Sociais. Segundo o xurado, "trátase dun traballo exhaustivo sobre este autor español do Renacemento cuxa obra influíu enormemente tanto no pensamento español coma no europeo".   Captura y almacenamiento de CO2. Criterios y metodología para evaluar la idoneidad de una estructura geológica como almacén de CO2 (Universidade de Huelva). Premio á mellor monografía nas áreas de Ciencias Experimentais e de Tecnoloxías. O xurado considerouna "unha interesante achega aos estudos ambientais". "Ante o desenvolvemento económico e o continuo consumo de combustibles fósiles, coa consecuente acumulación de CO2, a preocupación polo cambio climático vai en aumento. Este libro aborda un tema de grande actualidade e mostra un percorrido polos diferentes modelos tecnolóxicos que axudarían a reducir as emisións de CO2", engade.   Tuberculosis. Historia de su conocimiento (Universidade de Oviedo). Premio á mellor monografía nas áreas de Ciencias da Saúde. A xuízo do xurado, este tema "necesitaba unha revisión histórica, levada a cabo, neste caso, por un especialista de experiencia contrastada. Saliéntase o rigor na investigación da historia da medicina".   Suna e Xara. La ley de los mudéjares valencianos (siglos XIII-XV) (Universitat Jaume I). Premio á mellor monografía nas áreas de Ciencias Xurídicas e Económicas. O xurado estimou que esta obra "estuda un ámbito xurídico non habitual nas investigacións recentes" e que fai unha achega "importante á historia do dereito, dada a longa e destacada permanencia que tiveron os mudéxares no antigo Reino de Valencia". Así mesmo, salientou "a súa excelente edición, o seu rigor e o seu rico acompañamento gráfico".   Cuadernos Metodológicos (Centro de Investigaciones Sociológicas). Premio á mellor colección por considerala a "colección máis importante de metodoloxía sociolóxica no mundo hispánico". "A solvencia dos autores e a extensa relación de títulos publicados convertérona nunha colección de referencia na formación de sociólogos no ámbito hispánico", engade.   Diálogo de doctrina cristiana (Biblioteca de Autores Cristianos e Universidade Nacional de Educación a distancia). Premio á mellor coedición cunha editorial privada. O xurado seleccionou esta obra, que "supón a recuperación dun gran texto, obra clave da dialogística española e un clásico no estudo do cristianismo en Europa". "A solidez na formación histórica, filosófica e teolóxica dos autores do traballo garante un aparato crítico rigoroso e detallado", engade.   Historia de las plantas en el mundo antiguo (Universidade de Deusto e Consejo Superior de Investigaciones Científicas). Premio á mellor coedición interuniversitaria, que supón un magnífico exemplo de colaboración entre un centro universitario e outro de investigación e difunde entre o grande público, a través da imaxe e o texto, nunha fermosa e coidada presentación, a utilización das plantas no mundo antigo e o seu impacto na literatura da época," sinala o xurado.   El Cantar de los Cantares en el humanismo español (Universidade de Huelva). Premio á mellor tradución "por ser unha obra que supuxo un grande esforzo de tradución dende o hebreo medieval, especialmente no tratamento das fontes que influíron no Cantar dos Cantares, e a acertada integración destas no estudo monográfico,". O xurado declarou deserto o premio á mellor edición dixital e multimedia e manifestou "a súa preocupación pola ausencia de publicacións que presenten materiais nos que se utilicen de forma máis creativa os diversos recursos que as tecnoloxías da información e a comunicación poñen agora mesmo ao noso alcance", lese na acta. www.une.es prensa@une.es 91 381 61 31; 654 99 18 62

Nova
Carlos Moya Valgañón Premio Nacional de Socioloxía e Ciencia Política 2010 (BOE 08/12/2010).
Carlos Moya Valgañón Premio Nacional de Socioloxía e Ciencia Política 2010 (BOE 08/12/2010).
  • 02 NOV. 2010

No día de hoxe, 2 de novembro de 2010, reuniuse e deliberou o Xurado que concede o Premio Nacional de Socioloxía e Ciencia Política, composto polo presidente do CIS, Ramón Ramos, a europarlamentaria e ex presidenta do CIS Pilar del Castillo, o Presidente do Institut d'Estudis Catalans e Premio Nacional de Socioloxía e Ciencia Política 2006 Salvador Giner, a Presidenta da Federación Española de Socioloxía Teresa González de la Fé, o catedrático e membro da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas Emilio Lamo de Espinosa e o catedrático da Universidade Autónoma de Madrid e ex presidente do CIS Fernando Vallespín. O Xurado outorgou por unanimidade o Premio ao catedrático de Socioloxía D. Carlos Moya Valgañón, destacando o papel do premiado no impulso, desenvolvemento e consolidación da socioloxía na universidade española e subliñando especialmente o seu impacto no desenvolvemento da teoría sociolóxica, a socioloxía das elites e os estudos socio-históricos. Carlos Moya (Córdoba, 1936) é catedrático de socioloxía emérito da UNED, licenciado en Dereito, estudou socioloxía en Colonia (Alemaña), con René König. Impulsor fundamental da teoría sociolóxica en España, é autor de numerosas publicacións e dirixiu investigacións empíricas sobre dimensións estratéxicas da sociedade española: Burocracia Pública, Elites de Poder Económico, Clase Médica e Sanidade, a UNED como Universidade de Masas, Familia e Xuventude. Entre os seus libros publicados figuran: Sociólogos y Sociología (1970); Teoría Sociológica: Una introducción crítica (1971); Burocracia y sociedad industrial (1972); El poder económico en España: 1939-1972 (1975); De la ciudad y su razón. Del logos político a la razón sociológica (1977); Señas de Leviatán: Estado nacional y sociedad industrial en España 1936-1980 (1984); Puritanismo, monoteísmo, tabú del incesto (premio 1985 do Centro de Investigacións Sociolóxicas) e Mahoma, Dar-El Islam, Maimónides. Dous ensaios sobre o monoteísmo semita. Madrid, Huerga y Fierro, 2008.   Historia profesional

Nova
O CIS recibe o Premio Nacional de Edición Universitaria pola colección Cuadernos Metodológicos.
O CIS recibe o Premio Nacional de Edición Universitaria pola colección Cuadernos Metodológicos.
  • 16 NOV. 2010

El jurado, nombrado por la UNE, ha considerado a la colección del CIS como la "más importante de metodología sociológica en el mundo hispánico". El Presidente del Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS), Ramón Ramos, recogió el pasado 11 de noviembre el premio concedido a la colección "Cuadernos Metodológicos", editada por el CIS, durante la ceremonia de los XIII Premios Nacionales de Edición Universitaria. El acto contó también con la asistencia de la Directora del Departamento de Publicaciones y Fomento de la Investigación del citado organismo, Paloma Aguilar. Un jurado independiente, nombrado por la Unión de Editoriales Universitarias Españolas (UNE), ha concedido el premio en la categoría "Mejor colección" a los "Cuadernos Metodológicos" del CIS por considerarla como la "más importante de metodología sociológica en el mundo hispánico" y porque "la solvencia de los autores y la extensa relación de títulos publicados la han convertido en una colección de referencia en la formación de sociólogos en el ámbito hispánico". La colección constituye un apoyo imprescindible a la investigación social en lengua española, contribuyendo a su rigor metodológico y científico mediante la difusión de breves monografías sobre técnicas investigación y análisis de datos. Sus títulos son demandados por investigadores noveles, estudiantes de posgrado, estudiantes avanzados de licenciatura y, naturalmente, cualquier investigador que desee introducirse en una nueva herramienta de investigación o de análisis. Los "Cuadernos" tienen una importante dimensión de autoaprendizaje y también constituyen una herramienta imprescindible en la docencia universitaria, en cuyos programas figuran de forma habitual. De los 45 títulos publicados desde su inicio, en 1991, siete de ellos componen la lista de los diez libros más vendidos en toda la trayectoria editorial del CIS. El conjunto de la obra forma una colección coherente aún manteniendo un considerable pluralismo metodológico. La línea editorial de la colección cubre tres áreas fundamentales: la investigación mediante encuestas, las técnicas de análisis estadístico de datos y la recogida y análisis de datos cualitativos.

Nova