El CIS estará presente en la Feria del Libro de Madrid con la caseta nº 1

Durante a Feira do libro, os seus fondos poderán adquirirse cun desconto do 10% sobre o PVP.

Caseta do CIS na Feira do Libro de Madrid 2012

O Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS) estará presente na 71ª Feira do Libro de Madrid, que este ano se celebrará do 25 de maio ao 10 de xuño. O acceso á caseta oficial pode realizarse con facilidade dende a Puerta de Madrid (C/ O'Donnell), xa que o CIS conta cunha situación privilexiada: a caseta núm. 1.

Ao longo de máis de 30 anos de actividade editorial, no CIS publicáronse ao redor de 500 títulos e no transcurso da Feira presentarase o Catálogo de publicacións 2012.

Todos os seus fondos poderán adquirirse, excepcionalmente, cun desconto do 10% sobre o PVP.

Libraría en liña

arrow_back