- Día: Venres 10 de xuño de 2011
- Hora: 12:30 h
- Lugar: Feira do Libro de Madrid (Carpa Carmen Martín Gaite - Parque do Retiro)
O acto contará coa asistencia do Presidente do CIS, Ramón Ramos; o autor da obra, Edward Telles, e o Catedrático de Socioloxía, Antonio Izquierdo.
|
Título: |
Generaciones excluidas: mexicano - estadounidenses, asimilación y raza |
Autor/es: |
Edward Telles e Vilma Ortiz; presentación Antonio Izquierdo; tradución de Mª Teresa Casado e Carlos G. Pranger |
Lingua de publicación: |
Castelán |
Edición: |
1ª ed., 1ª imp. |
Data Edición: |
2011 |
Publicación: |
CIS |
Descrición: |
370 p. 23 x 15 cm |
Encadernación: |
rúst. |
Colección: |
Clásicos Contemporáneos, 4 |
Título orixinal: |
Generations of Exclusion: Mexican Americans, assimilation and race |
|
Edward Telles e Vilma Ortiz, catedráticos de Socioloxía das universidades de Princeton e California, respectivamente, sinalan unha serie de barreiras institucionais, como o deficiente funcionamento do sistema educativo e a persistencia da discriminación, para explicar por que se detivo a integración das xeracións máis novas e propoñen unha serie de medidas que poderían reimpulsar este proceso. |
Un achado fortuíto desencadea esta innovadora análise na que se demostra que o progreso económico e educativo experimentado polos inmigrantes de orixe mexicana nos EUA se estanca a partir da segunda xeración.
Na súa presentación, Antonio Izquierdo, catedrático de Socioloxía da Universidade da Coruña e Director do Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais, insiste na necesidade de reformularnos as perspectivas da integración e as políticas de inmigración á vista dos desalentadores resultados desta investigación de carácter interxeracional. "É un libro básico en campos como a estratificación, a etnicidade e as políticas comparadas de integración dos inmigrantes e dos seus fillos en Europa e nos Estados Unidos», afirma Izquierdo. O CIS estará presente nesta 70 edición da Feira do Libro de Madrid (do 27 de maio ao 12 de xuño), coa caseta núm. 17. Os seus fondos poderán adquirirse excepcionalmente cun desconto do 10% sobre o PVP. Consulte o catálogo. |
|