A REIS, primeira revista española de socioloxía en factor de impacto internacional, segundo JCR.

Reis JCR

Consulte o seu último número 135 (xullo-setembro 2011)

Aberto o acceso a texto completo do número 131

A Revista Española de Investigaciones Sociológicas (REIS) estréase na clasificación internacional do Institute for Scientific Information (ISI) ocupando o primeiro lugar entre as revistas españolas de socioloxía en factor de impacto e citas obtidas, segundo os últimos datos do Journal Citation Reports (JCR).

Con 69 citas en 2010, correspondentes a artigos publicados en 2008 e 2009, a REIS ocupa o posto 105 das 129 mellores revistas de socioloxía, así como o primeiro lugar entre as revistas de fala hispana.

Presente nos índices de citas internacionais máis prestixiosos, como Social Sciences Citation Index e Scopus, a REIS continúa liderando os índices de impacto históricos acumulativos españois 1994-2009 e 2000-2009, segundo IN-RECS. Na actualidade é a única revista española de ciencias sociais presente no repositorio de revistas científicas JSTOR e a segunda máis descargada de DIALNET, repositorio no que figuran as revistas de todas as áreas de coñecemento.

arrow_back