O CIS presenta "Elecciones Generales 2008", unha análise sobre como votaron os españois nas últimas eleccións xerais.

Portada Elecciones Generales 2008

Editado por José Ramón Montero e Ignacio Lago, o estudo conta coa participación de máis de vinte expertos.

  • O acto terá lugar o próximo xoves, 10 de novembro, no Colegio Oficial de Politólogos y Sociólogos de Madrid (c/ Ferraz, 100), ás 19:00h.
  • Contará coa presenza do presidente do CIS, Ramón Ramos Torre, o editor da obra, José Ramón Montero, e os catedráticos de ciencia política Julián Santamaría (Universidad Complutense) e Mariano Torcal (Universitat Pompeu Fabra), ademais do decano do Colegio, Lorenzo Navarrete.

Madrid, 8 de novembro. - O Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS) presenta a súa recente publicación "Elecciones Generales 2008", unha obra que analiza as eleccións xerais a Cortes que tiveron lugar en España en marzo de 2008.

Tomando como fonte de información as enquisas do CIS, os seus distintos capítulos examinan cuestións como a campaña electoral, a participación nos comicios ou a utilización de Internet. Da mesma forma, a obra estuda tanto o impacto no voto da chamada crispación coma o efecto dos debates electorais, pasando polo alcance do voto útil, a influencia da relixiosidade, a ideoloxía ou o nacionalismo, entre outras cuestións. Detense tamén na importancia dos líderes políticos e as características do sistema de partidos, ademais de tratar o caso especial das eleccións autonómicas en Andalucía, que tiveron lugar simultaneamente.

Os seus autores, pertencentes a universidades e centros de investigación de recoñecido prestixio, combinan unha sofisticada análise mediante técnicas estatísticas avanzadas coa utilización dunha linguaxe accesible a lectores non-especializados. Todo isto converte este libro en lectura imprescindible para o coñecemento da vida política española actual.

arrow_back