“A propósito de Tilly: conflicto, poder y acción colectiva"

A propósito de Tilly
Conflicto, poder y acción colectiva

Edición a cargo de María Jesús Funes
1ª ed.
Madrid : Centro de Investigaciones Sociológicas, 2011
142 p. 21 x 13,5 cm
Academia, 33
ISBN: 978-84-7476-560-1

Charles Tilly (1929-2008), sociólogo, historiador e politólogo norteamericano, é un autor imprescindible para a comprensión da contenda política e o conflito social. As súas investigacións mostran como as bases sociais organizadas en diversas formas de acción colectiva poden influír e condicionar a marcha da historia. Os seus estudos sobre as revolucións, a formación e evolución dos Estados e a súa teoría da acción colectiva xiran en torno á súa gran preocupación: a defensa de dereitos cidadáns e a busca de sistemas políticos atentos ás condicións de vida dos máis débiles.

Esta obra presenta a maior recompilación de reflexións sobre o seu traballo publicada ata a data. Cada capítulo analiza os seus textos, as súas teorías e deseños metodolóxicos, e algúns engaden investigación de casos. Este libro axuda a comprender un tempo marcado por intensas mobilizacións populares, algunhas con consecuencias moi relevantes, como as protestas que se estenden en 2011 dende Tunisia a Exipto, Iemen, Libia, Siria, etc., a chamada "primavera árabe" e distintas mobilizacións no occidente democrático reclamando máis atención ás demandas cidadás, como o Movemento 15 de Maio (15 M) en España, replicado noutros países, as protestas en Grecia, Reino Unido, etc..

arrow_back