A REIS, certificada como "Revista Excelente" en calidade editorial e científica pola FECYT

A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) concedeu á Revista Española de Investigaciones Sociológicas (REIS) o Certificado de Revista Excelente tras superar con éxito o proceso de avaliación de calidade de revistas científicas españolas levado a cabo pola devandita fundación.

Certificado de calidade-REIS

En fases consecutivas e excluíntes analizáronse múltiples indicadores de calidade editorial, tales como a revisión por pares, declarada nas súas normas; a ausencia de endogamia dos autores ou a apertura do consello de redacción, así como a porcentaxe de orixinalidade nos contidos publicados, entre outros. Igualmente, a avaliación da calidade científica valorou os obxectivos, cobertura e achega á área do coñecemento ao que pertence a revista, así como a importancia das bases de datos nas que está indizada ou o impacto no seu campo.

Presente nos índices de citas internacionais máis prestixiosos, como Social Science Citation Index e Scopus, a REIS continúa liderando os índices de impacto históricos acumulativos 1994-2009 e 2000-2009, segundo IN-RECS. Na actualidade é a única revista española de ciencias sociais presente no repositorio de revistas científicas JSTOR e a segunda máis descargada de DIALNET, repositorio no que figuran as revistas de todas as áreas de coñecemento.

arrow_back