O CD-ROM ESTUDIOS POSTELECTORALES DEL CIS: PAÍS VASCO foi deseñado para ofrecer á comunidade de investigadores sociais unha aplicación de fácil manexo cos datos correspondentes aos estudos postelectorais elaborados polo CIS correspondentes ás eleccións autonómicas convocadas no País Vasco dende 1984 ata 1998.
A información dos estudos inclúe unha parte específica a cada elección e outra practicamente común a todas as eleccións, o que permite realizar análises diacrónicas e comparacións temporais.
Pódese acceder aos datos mediante dous procedementos: o primeiro, procesando as matrices de datos. O segundo, empregando a aplicación informática JDS Survey, que permite un tratamento automático dos datos, sen que o usuario necesite nocións de programación informática.
Pode Vde. solicitalo a través do impreso de solicitude.
CIS. Banco de Datos
Horario de atención a usuarios: de 9.30 a 14.00, de luns a venres
Montalbán, 8. 28014 Madrid
Tfnos. 91 580 76 17 / 22