| Novidades |
O Council for European Studies, grazas ao financiamento achegado polo Centro de Investigaciones Sociológicas, concederá 10 bolsas de viaxe de 1.000 euros cada unha aos candidatos españois cuxos traballos fosen seleccionados polo devandito organismo para ser presentados na Seventeenth International Conference que terá lugar en Montreal (Canadá) do 15 ao 17 de abril de 2010.
Os interesados deben enviar a súa solicitude ao enderezo electrónico: ces@columbia.edu