Páxina de inicio Debuxo de raias Páxina de inicio
 BIENVENIDOS   BENVINGUTS   ONGI ETORRI  BENVIDOS  WELCOME   BIENVENUS 
ACCESO LIBRE E GRATUÍTO AOS ARQUIVOS DE DATOS DO CIS Versión para imprimir Versión para imprimir
CIS Novidades Acceso libre e gratuíto aos arquivos de datos do CIS


O Centro de Investigaciones Sociológicas comprácese en anunciar que todos os usuarios da nosa páxina web poden descargarse, de forma completamente gratuíta, os arquivos de datos das enquisas realizadas por este organismo.

A posta en marcha deste servizo forma parte dun conxunto de medidas destinadas a aumentar a transparencia no acceso aos datos así como a eficacia no funcionamento do CIS.

O acceso aos arquivos de datos farase de forma gradual. O 1 de xaneiro de 2009 estarán a disposición do público as enquisas realizadas en 2008 e 2007. Nos meses posteriores engadiranse todas as enquisas dende 1995. Os arquivos anteriores a 1995 iranse incorporando máis adiante, sempre e cando o permita a antigüidade dos datos.

Os arquivos de datos, en formato ASCII, figuran nun arquivo comprimido que se poderá descargar dende a páxina web tras cubrir un simple formulario. Tamén se poderá acceder libremente ao arquivo de sintaxe (nos paquetes estatísticos SPSS e/ou SAS), ao cuestionario, á ficha técnica, ao libro de códigos e ás tarxetas. Os datos, como é lóxico, proporcionaranse convenientemente anonimizados.

CIS · Montalbán, 8 · 28014 Madrid · España | e-mail: cis@cis.es