Aviso legal
  • Aviso legal

Aviso legal

Aviso legal

CONDICIÓNS XERAIS DE USO DO PORTAL DO CIS

O Centro de Investigaciones Sociológicas infórmao de que o acceso e uso da páxina web www.cis.es e todos os subdominios e directorios incluídos baixo esta páxina (no sucesivo, denominados conxuntamente como o Portal), así como os servizos ou contidos que se poidan obter a través deste, están suxeitos aos termos que se detallan neste Aviso legal, sen prexuízo de que o acceso a algún dos devanditos servizos ou contidos poida precisar da aceptación dunhas Condicións xerais adicionais.

Por iso, se non está de acordo coas consideracións detalladas neste Aviso legal, pregámoslle que non faga uso do Portal, xa que calquera uso que faga deste ou dos servizos e contidos incluídos nel implicará a aceptación dos termos legais recollidos neste texto.

O Centro de Investigaciones Sociológicas resérvase o dereito a realizar cambios no Portal sen previo aviso, co obxecto de actualizar, corrixir, modificar, engadir ou eliminar contidos do Portal ou do seu deseño. Os contidos e servizos que ofrece o Portal actualízanse periodicamente. Debido a que a actualización da información non é inmediata, suxerímoslle que comprobe sempre a vixencia e exactitude da información, servizos e contidos recollidos no Portal.

As condicións e termos que se recollen no presente Aviso poden variar, polo que o invitamos a que revise estes termos cando visite de novo o Portal.

O Centro de Investigaciones Sociológicas non se fai responsable dos danos e perdas que poida ocasionar a utilización das ferramentas e informacións contidas en www.cis.es en relación coa adopción de decisións sobre o inicio, desenvolvemento ou resultado de procedementos administrativos. Á hora de adoptar estas decisións, débese constrastar a información consultando os centros, organismos ou dependencias competentes. En calquera caso, non se poderá usar a información e contidos desta web para alegar en procesos contraditorios coa Administración Pública, e o CIS non asume responsabilidade ningunha polas discrepancias que poidan existir entre os documentos impresos da Administración competente e a publicación electrónica nestas páxinas.

DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL E DE PROPIEDADE INDUSTRIAL

Tanto o deseño do Portal e os seus códigos fonte coma os logos, marcas e demais signos distintivos que aparecen neste pertencen ao Centro de Investigaciones Sociológicas ou entidades colaboradoras e están protexidos polos correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial. Igualmente, están protexidos polos correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial as imaxes, etc. almacenadas no servidor do Centro de Investigaciones Sociológicas.

A información dispoñible neste sitio web, salvo indicación contraria expresa, é susceptible de reutilización; queda autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non-comerciais, conforme ás seguintes condicións:

Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.

O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.

O usuario queda obrigado a mencionar a data da última actualización dos documentos obxecto da reutilización.

O Centro de Investigaciones Sociológicas declara o seu respecto polos dereitos de propiedade intelectual e industrial de terceiros; por iso, se considera que este sitio poida estar violando os seus dereitos, pregámoslle que se poña en contacto co Centro de Investigaciones Sociológicas.

HIPERENLACES

Os usuarios que se propoñan establecer un hiperenlace entre a súa páxina web e a do Centro de Investigaciones Sociológicas deberán ter en conta o seguinte:

  1. O establecemento do hiperenlace non implica en ningún caso a existencia de relacións entre o Centro de Investigaciones Sociológicas e o propietario da páxina web na que se estableza, nin a aceptación e aprobación por parte do Centro de Investigaciones Sociológicas dos seus contidos ou servizos. Polo tanto, non se declarará nin se dará a entender que o Centro de Investigaciones Sociológicas autorizou expresamente o hiperenlace nin que supervisou ou asumiu de ningunha forma os servizos ofrecidos ou postos a disposición na páxina web dende a que se establece o hiperenlace.
  2. O Centro de Investigaciones Sociológicas non se responsabiliza de ningunha maneira nin garante a calidade, exactitude, fiabilidade, corrección ou moralidade de contidos ou servizos que o establecemento do hiperenlace poida ofrecer. O usuario asume baixo a súa exclusiva responsabilidade as consecuencias, danos ou accións que poidan derivarse do acceso á páxina web do hiperenlace.
  3. A páxina web na que se estableza o hiperenlace non poderá conter ningunha  marca, denominación, logotipo, slogan ou outros signos distintivos pertencentes ao Centro de Investigaciones Sociológicas, agás aqueles signos que formen parte do mesmo hiperenlace.
  4. A páxina web na que se estableza o hiperenlace non conterá informacións con contidos ilícitos, contrarios á moral e aos bos costumes xeralmente aceptados e á orde pública, e tampouco incluirá contidos contrarios aos dereitos de terceiros.

FRAMES

O Centro de Investigaciones Sociológicas prohibe expresamente a realización de "framings" ou a utilización por parte de terceiros de calquera outro mecanismo que altere o deseño, configuración orixinal ou contidos do seu Portal.

PRIVACIDADE

O Centro de Investigaciones Sociológicas é a entidade responsable do ficheiro de datos xerado cos datos de carácter persoal subministrados polos usuarios do portal www.cis.es.

De acordo coa Lei orgánica 15/1999 do 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, o Centro de Investigaciones Sociológicas comprométese ao cumprimento da súa obriga de segredo con respecto aos datos de carácter persoal e ao deber de tratalos con confidencialidade. Con este fin, adoptará as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non-autorizado.

A recollida e tratamento automatizado dos datos persoais ten como finalidade a xestión, prestación, ampliación e mellora dos servizos solicitados en cada momento polo usuario e o seguimento de consultas formuladas polos usuarios.

O usuario poderá exercer en todo momento os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, dirixíndose á División de Información e Tecnoloxías da Información, situada en C/Montalbán 8, 28014 MADRID (España); ou por escrito, achegando fotocopia do DNI, no enderezo indicado anteriormente.

Vostede terá a posibilidade de exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos persoais almacenados nos ficheiros do CENTRO DE INVESTIGACIONES SOCIOLÓGICAS, solicitándoo por calquera medio que deixe constancia do seu envío e da súa recepción. Para exercer os seus dereitos, poderá dirixirse por escrito ao enderezo de División de Información e Tecnoloxías da Información (Centro de Investigaciones Sociológicas) indicado ao principio da presente Política de Privacidade.

O CENTRO DE INVESTIGACIONES SOCIOLÓGICAS mantén os niveis de protección dos seus datos persoais segundo o establecido no REAL DECRETO 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e estableceu todos os medios técnicos ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non-autorizado e roubo dos datos que vostede facilite ao CENTRO DE INVESTIGACIONES SOCIOLÓGICAS, sen prexuízo do cal as medidas de seguridade en Internet non sexan inexpugnables.

O CENTRO DE INVESTIGACIONES SOCIOLÓGICAS resérvase a facultade de modificar a presente Política de privacidade para adaptala ás novidades lexislativas, xurisprudenciais ou de interpretación da Agencia Española de Protección de Datos. Neste caso, o CENTRO DE INVESTIGACIONES SOCIOLÓGICAS anunciará os devanditos cambios, indicando claramente e coa debida antelación as modificacións efectuadas, e solicitando, en caso de que sexa necesario, a aceptación por parte de vostede dos devanditos cambios.

LEI APLICABLE E XURISDICIÓN

A lei aplicable en caso de disputa ou conflito de interpretación dos termos que conforman este Aviso legal, así como calquera cuestión relacionada cos servizos do presente Portal, será a lei española.

Para a resolución de calquera conflito que poida xurdir con ocasión da visita ao Portal ou do uso dos servizos que nel se poidan ofrecer, o Centro de Investigaciones Sociológicas e o Usuario acordan someterse aos xuíces e tribunais de domicilio do Usuario, sempre que este estea situado en territorio español.

< VOLVER