El O CIS
  • O CIS >
  • O CIS

O CIS

O CIS

O Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS) é un organismo autónomo dependente do Ministerio da Presidencia. A función principal que o CIS ten encomendada é a de contribuír ao coñecemento científico da sociedade española.

O CIS recolle os datos necesarios para a investigación en ámbitos moi diversos, dende a evolución da opinión pública á investigación aplicada. Así, o CIS é o responsable de levar a cabo estudos que proporcionen diagnósticos precisos para poder orientar o labor dos poderes públicos responsables das distintas administracións. Estes estudos lévanse a cabo a través de convenios de colaboración ou encomendas de xestión, cando implican a colaboración doutros organismos públicos ou de investigación.

O CIS é coñecido principalmente pola realización de enquisas que permiten avanzar no coñecemento da sociedade española e a súa evolución ao longo do tempo. Así e todo, á parte desta tarefa, desenvolve outras fundamentais de apoio á formación e á investigación no ámbito das ciencias sociais. No mesmo sentido, o CIS apoia e colabora en iniciativas externas moi diversas, intégrase con redes de institucións similares nacionais e internacionais e fomenta o intercambio e cooperación con outros organismos de investigación interesados no mundo das enquisas.

O Banco de datos do CIS custodia e pon a disposición do público todas as investigacións realizadas polo CIS. Pódese acceder ao Banco de datos a través desta web ou de forma presencial. Todos os datos do CIS son de dominio público.

As publicacións do CIS -a Revista Española de Investigaciones Sociológicas (REIS) e as diversas coleccións de libros- son unha canle fundamental para a difusión de investigacións que contribúan ao coñecemento científico da sociedade.

O CIS desenvolve a súa función de análise e coñecemento científico da sociedade española mediante a realización de enquisas e estudos cualitativos. Estes estudos lévanse a cabo por iniciativa do propio organismo ou a través de acordos con institucións públicas ou privadas sen finalidade de lucro.

O CIS tamén fomenta, mediante convenios, a organización de cursos e seminarios (ou a participación nestes) destinados á formación, a análise ou a difusión de resultados de investigación, nos ámbitos propios da Socioloxía e a Ciencia Política.

O centro conta cos seus propios programas de formación e de fomento da investigación, así como cun departamento de publicacións que é parte fundamental do traballo de difusión da investigación nas ciencias sociais en España.

< VOLVER