Este arquivo ofrece ficheiros de microdatos para a investigación
secundaria, procedentes de estudos por enquisa, xunto co conxunto da información técnica necesaria para a súa
utilización.
Preséntase en dúas formas diferentes, dependendo de se os ficheiros están realmente almacenados no CIS ou
se, polo contrario, do que se dispón é dun contacto coa organización que se encarga da súa conservación:
- Ficheiros de datos almacenados no CIS: están dispoñibles da mesma forma que os das
enquisas elaboradas directamente polo organismo e constitúen o arquivo real.
- Ficheiros de datos non almacenados no CIS: neste caso, a información básica está
catalogada e facilítase, ben o acceso aos datos, ben o contacto co organismo que pode difundilos. Constitúen
o arquivo virtual de ARCES.
A partir dos datos das enquisas do CIS, o contido de ARCES foise ampliando,
incluíndo outros que abranguen unha gran variedade de temas e con ámbitos xeográficos moi diferentes. Actualmente, os ficheiros dispoñibles pódense clasificar en varios apartados, atendendo á súa orixe:
-
Enquisas do CIS:
Son na actualidade máis de mil cincocentos estudos e enquisas elaborados polo organismo e relativos a temas de
opinión pública sobre valores, actitudes políticas, consumo, traballo, medios de comunicación, sanidade, e un
longo etcétera.
-
Outros estudos de ámbito nacional,
procedentes de enquisas do Ministerio de Traballo, do INJUVE, do CIRES (Centro de Investigación de la
Realidad Social), etc.
-
Estudos do ISSP
(International Social Survey Program). O ISSP é un proxecto conxunto entre varios
países que ten como obxectivo principal a elaboración de estudos cunha metodoloxía común, de modo que se poidan
obter datos para ámbitos xeográficos amplos e se poidan realizar, ao mesmo tempo, comparacións internacionais.
Os ficheiros dos estudos realizados ata agora están dispoñibles no CIS, podendo ser facilitados aos usuarios
que os soliciten.
-
Estudos de ICPSR
(Inter-University Consortium for Political and Social Research). Esta institución
norteamericana de carácter privado dispón dun conxunto de estudos para a investigación e o ensino que abranguen
un amplo espectro de disciplinas académicas, incluíndo ciencia política, socioloxía, historia, economía,
xerontoloxía, demografía, xustiza criminal, saúde pública, educación, leis e relacións internacionais. O CIS,
como representante oficial en España de ICPSR, fai de intermediario para a obtención dos seus ficheiros de
microdatos. O catálogo completo de ICPSR pode consultarse en Internet.
-
Estudos de CESSDA
(Council of European Social Science Data Archives). Este organismo agrupa a un
conxunto de arquivos de datos de estudos sociais de distintos países europeos. Dedícase a promover a
adquisición, arquivo e distribución de datos, facilitando o intercambio de información e tecnoloxía entre os
seus membros. Unha vez que un usuario de ARCES desexa obter un
ficheiro concreto de CESSDA, o CIS encárgase de manter os contactos necesarios para proporcionarllo. O catálogo
integrado de CESSDA pode tamén consultarse en Internet.
- Outros estudos de ámbito internacional.
Entre eles, a Encuesta Nacional de Valores, o
Latinobarómetro e outros obtidos por convenios de colaboración con arquivos que facilitan intercambios. Así,
o convenio co
Roper Center permite acceder a un amplo fondo de estudos latinoamericanos.
|
|
Existe un
impreso de solicitude de datos e un
prego de confidencialidade que se deben encher e asinar para facer a petición, así como unha páxina orientativa
de
prezos.
Para calquera información sobre a petición de ficheiros pode contactar co Banco de Datos do CIS por teléfono, fax,
correo, correo electrónico ou presentándose fisicamente no servizo de atención ao público.
c/ Montalbán 8, 28014 Madrid
Tfno.: 91 580 76 17
91 580 76 22
Fax: 91 580 76 19
Correo electrónico: arces@cis.es
|