Catálogo de Institucións
Catálogo de Institucións
O catálogo de ARCES está formado, á súa vez, pola integración de varios catálogos:
- Banco de Datos do CIS: almacena os ficheiros de microdatos das enquisas do CIS xunto cos de outras institucións (Ministerio de Traballo, INJUVE, Centro de Estudios de la Realidad Social
(CIRES), etc.).
- ICPSR: pódese acceder de forma gratuíta
na web aos libros de códigos e á documentación dos estudos que este centro almacena. Os ficheiros de
microdatos pódense solicitar a través do CIS. Entre outros moitos, no ICPSR están almacenadas as enquisas
mundiais de valores e os eurobarómetros.
- ISSP: este Programa é un proxecto conxunto
entre varios países co fin de obter datos para ámbitos xeográficos amplos e poder realizar comparacións
internacionais. Os seus ficheiros atópanse almacenados no ZA (Central Archive de Cologne), membro do CESSDA,
polo que o CIS actúa como intermediario para a súa obtención.
- CESSDA: agrupa a un conxunto de arquivos de datos de
estudos sociais de distintos países europeos. A petición de ficheiros de microdatos dun calquera dos seus
membros pódese facer a través do CIS.
- Roper Center: situado na Universidade de
Connecticut, este centro dispón dunha gran cantidade de arquivos con datos sobre opinión pública. Dispoñen dun
banco de datos específico sobre Latinoamérica. Tamén a través do CIS poden conseguirse os seus ficheiros.