arrow_back
 

Carta de servizos

A Carta de servizos describe os servizos que presta o Centro de Investigaciones Sociológicas, os dereitos que asisten aos cidadáns que se dirixen a nós e os compromisos que asumimos para alcanzar unha xestión de calidade. A través desta Carta de servizos, os cidadáns están en condicións de coñecer que clase de servizo poden recibir e cales son os compromisos de calidade deste.

Os usuarios poderán presentar as súas queixas e suxestións sobre os servizos comprometidos e, en xeral, sobre o funcionamento do CIS, de acordo co procedemento establecido no R.D. 951/2005, do 29 de xullo (BOE do 3 de setembro), nos lugares e formas seguintes:

  • De xeito presencial no formulario dispoñible no Rexistro da Secretaría Xeral do CIS, e, en xeral, ante calquera rexistro oficial da Administración Xeral do Estado.
  • A través da Sub-Sede Electrónica do CIS no Ministerio da Presidencia, utilizando para a correcta identificación do cidadán un certificado electrónico recoñecido, de acordo coa lexislación de sinatura electrónica en vigor (http://www.cis.es/cis/opencms/ES/8_cis/SedeElectronica.html).
  • Por escrito dirixido á Secretaría Xeral, ben a través por correo postal, ben a través de correo electrónico (secretariaGeneral@cis.es).

Fichas do  Plan de Seguimento Cartas de Servizo 2014-2017.