arrow_back
 

Curso de posgrao

O Curso de posgrado ten como finalidade contribuír á formación de titulados universitarios superiores nas técnicas de investigación social, dando especial importancia á recollida de datos e á análise, interpretación e presentación destes, todo isto cunha orientación esencialmente práctica.

Con este fin, ofrécense 24 prazas, que serán adxudicadas mediante a selección dos candidatos que reúnan os requisitos esixidos na convocatoria.

O curso é de carácter presencial e estructúrase en dous módulos cos seguintes contidos:

  • Módulo 1. A recollida de datos e a investigación mediante enquisas.
  • Módulo 2. Análise e interpretación de datos de enquisa.

As ensinanzas de cada módulo inclúen clases teóricas e prácticas. A realización de exercicios prácticos está tutorizada por técnicos do CIS.

ÚLTIMA EDICIÓN (2018-2019)

Resumo da convocatoria
Convocatoria

Resolución da Presidencia do CIS de /03/05/18

 

 

Características

É un curso de especialización en técnicas de investigación social, con énfase no deseño da investigación e na análise de datos.

Destinatarios

Titulados superiores cunha adecuada formación nas áreas de ciencias sociais.

Programa

 

Programa provisional

 

Duración e horarios

de outubro a xuño, entre tres e catro sesións semanais en xornada de tarde (17 a 20 horas). 270 horas lectivas aproximadas.

Inscrición e matrícula

 

Formalizarase logo da resolución da convocatoria. Matrícula do curso completo: 2000 €.

 

Bolsas

10 bolsas parciais.

 

Documentación necesaria

Solicitude (Anexo IAnexo IIAnexo IIIAnexo IV).

Currículo (con acreditación documental de méritos)

Certificación académica oficial coa nota media de grao.

Carta de Presentación.

Fotografía recente.

 

Prazo de presentación de solicitudes

do  31 de agosto ao 7 de Septiembre, ambos inclusive

Situación actual

 Convocatoria aberta. ULTIMOS DÍAS.

 

 

Secretaría e información

Para calquera información adicional, pode contactar co Servizo de Fomento da Investigación:

posgrado@cis.es