Enquisas
  • Enquisas >
  • Catálogo de enquisas

Catálogo de enquisas

Catálogo de enquisas

O Catálogo do Banco de datos reúne a información de todas as enquisas e estudos cualitativos que o Centro levou a cabo dende a súa creación. A través de distintos tipos de buscas pódese acceder á información dos estudos e a todos os produtos de distribución gratuíta do banco de datos.

Dende xaneiro de 2009, o Banco de datos ofrece gratuitamente a descarga dos ficheiros de microdatos dos estudos realizados polo centro durante os últimos anos. Traballamos para que todos os estudos estean dispoñibles para a súa descarga gratuíta proximamente.

O acceso en liña ao Banco de Datos permite consultar os case dous mil estudos que almacena dende a súa creación en 1963.

As distribucións de frecuencias marxinais unidimensionais están dispoñibles dende o ano 1994, os cruzamentos con algunhas variables políticas e sociodemográficas na maioría das enquisas dende o ano 2005 e as matrices de datos dende 1998. Esta información é doadamente accesible para todos os estudos do CIS a través dunha aplicación de consulta que inclúe o presente catálogo de enquisas dentro dun amplo servizo de busca en liña de estudos, preguntas e series.

A través do catálogo tamén é posible acceder aos ficheiros de microdatos que están dispoñibles para a súa descarga gratuíta.

A través de distintos tipos de buscas pódese acceder á información dos estudos e a todos os produtos do banco de datos que son de distribución gratuíta. Os produtos aos que non se pode acceder a través do catálogo poden ser obtidos do Banco de datos empregando o seguinte impreso de solicitude

INFORMACIÓN

Correo electrónico: bancodedatos@cis.es
Teléfonos: 91 580 76 22 / 17
Fax: 91 580 76 19

Para consultar as condicións de uso visite:

http://www.cis.es/cis/opencms/GA/Avisolegal.html

< VOLVER