Índice de Confianza do Consumidor

O ICC permite aproximarse ás intencións de gasto dos consumidores preguntándolles pola súa percepción actual e as súas expectativas de futuro para a economía do país, a súa economía familiar e o emprego. Baséase nunha enquisa mensual realizada telefonicamente a unha mostra de 1.510 individuos maiores de 16 anos representativos do conxunto da sociedade española.

O obxectivo final deste índice, dentro da batería de índices económicos elaborados por institucións españolas é ser unha ferramenta útil para interpretar e predicir a evolución do consumido privado en España.

NOTA: a enquisa INDICADOR DE CONFIANZA DEL CONSUMIDOR pasa a denominarse ÍNDICE DE CONFIANZA DEL CONSUMIDOR dende o estudo correspondente ao mes de maio (estudo CIS 3214).

arrow_back