| Publicacións |
A colección Elecciones pretende recoller traballos monográficos sobre cada unha das convocatorias electorais que teñen lugar en España (xerais, autonómicas, municipais e europeas) dende 2004. Estes traballos, coordinados por un equipo editor, presentan achegas de grupos de investigadores que axudan á comprensión dos principais aspectos relacionados co comportamento electoral dos españois, explotando as enquisas pre e postelectorais realizadas polo CIS. Dende 2008, realízanse convocatorias públicas destinadas a recoller propostas de distintos equipos de investigadores do ámbito académico, e adxudícase o contrato de edición, unha vez superados os filtros correspondentes, á proposta que o Consello Editorial considera que está mellor formulada e avalada por mellores especialistas na materia.