Enquisas
  • Enquisas >
  • Información xeral

A maior parte da actividade investigadora do CIS concéntrase na realización de enquisas de opinión pública. Estas enquisas incluén os estudos electorais, os barómetros mensuais de opinión pública, os estudos monográficos sobre distintos aspectos da sociedade española e as enquisas que resultan da participación do CIS en proxectos internacionais.

Todas as enquisas que realiza o CIS se depositan no Banco de datos, quedando a disposición dos cidadáns unha vez finalizadas as tarefas de control de calidade, verificación, anonimización, codificación e gravación da información.

Ademais das enquisas, o CIS tamén recolle información sobre a sociedade española a través de estudos cualitativos: fundamentalmente, grupos de discusión e entrevistas en profundidade.

< VOLVER