Enquisas
  • Enquisas >
  • Tipos de enquisas >
  • Enquisas internacionais >
  • Enquisas internacionais

Enquisas internacionais

O CIS participa regularmente en proxectos de investigación de carácter internacional, como as enquisas do ISSP (International Social Survey Program) e o Latinobarómetro, así como noutros proxectos de carácter puntual. Recentemente, iniciouse unha colaboración para a realización da Encuesta Social Europea en España.

O ISSP é un programa anual continuo de colaboración entre máis de corenta países de todo o mundo, para a realización dunha enquisa monográfica anual sobre un tema, co mesmo cuestionario e unha metodoloxía consensuada por todos os países participantes. España está representada neste programa polo CIS e ASEP, que se alternan anualmente para realizar a enquisa ISSP en España e participan de forma activa en diversos comités internos de traballo (www.issp.org).

Para acceder a los datos de las encuestas anuales de los demás países participantes, pinche aquí ISSP

O Latinobarómetro é un estudo deseñado e dirixido por Corporación Latinobarómetro, que se realiza en 18 países de América Latina. Dende 1996, realízase tamén en España (www.latinobarometro.org).

A Encuesta Social Europea é un estudo comparado e lonxitudinal que se leva a cabo cada dous anos, no que participan arredor de 30 países europeos. Ten como principal obxectivo analizar o cambio e a continuidade das actitudes, atributos e comportamentos sociais e políticos dos cidadáns europeos. A ESE está promovida pola European Science Foundation e conta co apoio de distintas institucións públicas europeas e españolas. O coordinador da ESE en España é Mariano Torcal (catedrático de Ciencia Política, Universitat Pompeu Fabra) (www.europeansocialsurvey.org / http://www.upf.edu/ess/presentacion/)

 

Enquisas ISSP realizadas polo CIS

Latinobarómetros

< VOLVER