O CIS promove o desenvolvemento da investigación sociopolítica aplicada a través de enquisas, facilitando a participación de doutores e doutoras con probada experiencia investigadora nalgunha disciplina ou área das ciencias sociais, na elección do tema, deseño e análise dun módulo de preguntas que poderá formar parte dunha enquisa que realice o CIS na súa programación habitual.
Dende 2005 e cunha regularidade anual, xeralmente nos meses de xaneiro ou febreiro, o CIS realiza unha solicitude de propostas dun "módulo de preguntas". Unha comisión mixta con participación de responsables do CIS e profesorado universitario selecciona unha proposta entre as presentadas. Ata o momento, realizáronse cinco enquisas no marco desta iniciativa, a través de convenios asinados coas universidades ou institucións ás que pertencen os equipos seleccionados.
Pode consultar o texto da solicitude correspondente a 2011 no seguinte enlace